Secretaría Uvigo - Proposta dun modelo de sendeirismo en rede mediante o sistema de nodos en Galicia. Análise do caso de Flandes.

Proposta dun modelo de sendeirismo en rede mediante o sistema de nodos en Galicia. Análise do caso de Flandes.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
CentroFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Dirección Titoría: Trinidad Domínguez Vila
Tribunal Presidencia: José Antonio Fraiz Brea
Secretaría: Noelia Araújo Vila
Vogalía: David Ramos Valcárcel
ResumoNa provincia belga de Limburgo, unha rexión mineira e con pouca afluencia turística nos anos 90, impulsouse no ano 1995 unha nova forma de facer ciclismo mediante uns roteiros deseñados en rede. Estes roteiros deixaban total liberdade ao cicloturista para elixir e crear o seu propio itinerario mediante un novo sistema de nodos identificados con números. Este sistema copiouse máis tarde para crear redes de sendeirismo polas súas numerosas vantaxes, dado que o turista elixe con toda liberdade o roteiro e os quilómetros para percorrer. Na actualidade este concepto estendeuse a toda a comunidade de Flandes (Bélxica).
Este proxecto trata a posibilidade de crear unha rede de sendeirismo utilizando este sistema innovador de nodos en Galicia. A través de entrevistas a expertos en Bélxica analizamos as características deste modelo. Finalizamos o traballo coa elaboración dun mapa, a modo de exemplo, do que podería ser unha rede de sendeiros con nodos en Galicia.

Palabras chave: sendeirismo, sistema de nodos, infraestrutura turística básica, desenvolvemento rural, dinamización económica.
Volver