Secretaría Uvigo - Xestión de residuos orgánicos na Comunidade Autónoma de Galicia

Xestión de residuos orgánicos na Comunidade Autónoma de Galicia

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Miguel Enrique Rodríguez Méndez
Cotitoría: María del Pilar Piñeiro García
Tribunal Presidencia: Gonzalo Benito Méndez Martínez
Vogalía: María del Rocío Rodríguez Daponte
Secretaría: Brais Suárez Eiroa
ResumoNeste traballo lévase a cabo unha investigación sobre a xestión de residuos orgánicos por parte do ente público, o seu impacto sobre as cantidades de separación das outras fraccións de residuos e os distintos sistemas que ofrece a Comunidade Autónoma de Galicia. Estes tratan de acadar o cumprimento dos obxectivos establecidos pola Unión Europea, en termos de reutilización e reciclaxe, con respecto aos residuos domésticos sitúanse nun total superior ou igual ao 55% para 2025 e para 2035 espérase que a eliminación de residuos en vertedoiros igual ou inferior ao 10% do total.

Para iso, conceptualízanse os residuos sólidos urbanos e as súas características e, a continuación, desenvólvese con maior detalle a fracción orgánica. Por último, descríbense os avances na compostaxe comunitaria e os principais aspectos dos sistemas de xestión de residuos orgánicos da provincia de Pontevedra, mediante entrevistas con expertos e a análise de documentos emitidos polos propios concellos.

Despois do traballo de campo, foi posible concluír que os sistemas de xestión de residuos orgánicos son relevantes e abarcan unha parte fundamental dos plans das Comunidades se pretenden cumprir os obxectivos da Unión Europea. Destaca a importancia da educación e do traballo, recoñecendo e aplicando estes métodos de xestión. Non obstante, concluíuse que son procesos extensos, que implican un plan de xestión a longo prazo e que requiren unha implicación de esforzos, xa que en boa medida require a reeducación da poboación e a adquisición de novos hábitos.

Palabras clave: compostaxe - residuos orgánicos - sistemas de xestión
Volver