Secretaría Uvigo - Proxectos industriais no sector da automoción: modelos de desenvolvemento e alternativas

Proxectos industriais no sector da automoción: modelos de desenvolvemento e alternativas

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Dirección e Innovación da cadea de subministración
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jose Carlos Prado Prado
Tribunal Secretaría: Arturo José Fernández González
Presidencia: José Antonio Comesaña Benavides
Vogalía: Mar Fernández Vázquez-Noguerol
ResumoAo longo deste TFM preténdese definir o proceso de implementación dun proxecto no sector da automoción, comparando o mesmo proceso coas metodoloxías para a implementación de proxectos actuais e ofrecendo rutas alternativas para un desenvolvemento óptimo.
Para iso, analizarase todo o período temporal que contempla o desenvolvemento do proxecto: a análise da necesidade de mellora e a correcta definición do seu contido, a negociación con provedores técnicos e a regularización das compras, a implementación do proxecto e o impacto no proceso actual, ata, finalmente, a avaliación do cumprimento dos obxectivos establecidos.
A comparación e as rutas alternativas contemplarán unha perspectiva global, que se ocupe tanto das áreas estratéxicas como das operativas, co obxectivo de definir o proceso de implementación do proxecto óptimo no sector da automoción no contexto estudado.
Volver