Secretaría Uvigo - Estudo para a optimización do inventario dunha empresa do sector da au-tomoción

Estudo para a optimización do inventario dunha empresa do sector da au-tomoción

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Dirección e Innovación da cadea de subministración
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Presidencia: Jose Carlos Prado Prado
Secretaría: Jesús García Arca
Vogalía: Miguel Rodríguez García
ResumoA compañía ten un almacén principal na súa planta de O Porriño, que su-ministra compoñentes a plantas de Portugal, Marrocos e talleres externos (subcontratación). A planta de Portugal ten un almacén secundario, onde se aprovisionan 556 referencias para cubrir catro (4) días de produción. O espazo do almacén é limitado e úsase tanto para descargar compoñentes como para cargar o produto acabado que se levará á planta de O Porriño.
O almacén da planta de Portugal aprovisiónase desde O Porriño, cun sis-tema Kanban informatizado; o almacén funciona con lugares fixos por com-poñente, onde hai mínimos e máximos. Cando se alcanzan as cantidades mínimas, desde España pásase material para cubrir o stock que falta ata alcanzar o máximo.
Do mesmo xeito, o almacén portugués suministra co mesmo sistema Kanban ás liñas de produción, estanterías de terminais, postos individuais e áreas de preparación.
Como consecuencia do anterior, hai altos niveis de stock, duplicación dos movementos dos compoñentes, o control de inventario dificúltase e falta espazo para cargar o produto acabado.
Polo tanto, é necesario recompilar información para reducir o stock da planta en Portugal e así ter un control efectivo do inventario, liberar espazo no almacén, mellorar a trazabilidade e garantir o FIFO.
Volver