Secretaría Uvigo - Estudo, diagnóstico e propostas de mellora da cadea de subministración dunha empresa do sector téxtil.

Estudo, diagnóstico e propostas de mellora da cadea de subministración dunha empresa do sector téxtil.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Dirección e Innovación da cadea de subministración
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Antonio Comesaña Benavides
Cotitoría: Miguel Rodríguez García
Tribunal Presidencia: Jose Carlos Prado Prado
Secretaría: Jesús García Arca
Vogalía: Miguel Rodríguez García
ResumoSerendipity, pseudónimo da empresa na que se basea este Traballo Fin de Máster, é unha empresa galega do sector téxtil fundada en 2005. A pesar da súa curta traxectoria, a marca creceu vertixinosamente e posicionouse nos mercados europeo, americano e asiático, definíndose como unha empresa de luxo accesible.

A cadea de subministración de Serendipity evolucionou coa compañía e adaptouse ao seu rápido crecemento. É por iso, que para coñecer a súa situación actual, este proxecto intentará facer unha análise detallada de todos os fluxos que o compoñen. Este labor permitirá avaliar a súa eficiencia desde unha perspectiva estratéxica, avaliar a súa rendibilidade económica, identificar deficiencias na rede e localizar posibles áreas de mellora.

Partindo desta información e co fin de consolidar unha imaxe de marca máis forte, definida e homoxénea, proporase unha alternativa para mellorar a cadea de subministración de Serendipity, que permitirá chegar a todos os mercados a tempo e simultaneamente. Para iso, preténdese redefinir e planificar todo o fluxo, desde o deseño dunha nova colección ata a chegada do produto aos puntos de venda, reducindo así o lead time da campaña. Finalmente, avaliarase o impacto desta proposta a nivel organizativo e estimarase o aforro que representa nos custos totais de Serendipity.
Volver