Secretaría Uvigo - Deseño, construción e posta en servizo dun sistema de control automático de procesos asistidos por láser

Deseño, construción e posta en servizo dun sistema de control automático de procesos asistidos por láser

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Fernando Lusquiños Rodríguez
Titoría: Óscar Barro Guizán
Tribunal Vogalía: Javier Martínez Torres
Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
Secretaría: María del Carmen Somoza López
ResumoO recargue láser é unha técnica de produción de recubrimentos mediante a aplicación dunha fonte de enerxía baseada nun feixe láser e inxección do material precursor do devandito recubrimento. É un proceso de difícil control debido á súa natureza física: gradientes abruptos de temperatura nunha rexión relativamente pequena e elevadas velocidades de arrefriado. A evacuación da calor do proceso é marcadamente non lineal e de difícil predición teórica, mesmo para unhas condicións moi similares (ou idénticas) entre ensaios. Posto que establecer un modelo teórico que explique a formación do recubrimento é unha tarefa difícil o que propoñemos neste traballo é unha análise experimental do proceso e o deseño dun sistema de control baseado nos resultados experimentais en función das variables de procesamento máis relevantes para a obtención de recubrimentos e/ou pezas xeradas con propiedades homoxéneas e de alta calidade. Entre estes factores destacamos a temperatura media do baño fundido, as súas dimensións, o espesor da capa depositada, etc. O control do devandito proceso ha de garantir a homoxeneidade dos mencionados factores durante a xeración do recubrimento; para o que se abordará un estudo teórico-experimental do proceso mediante: un axeitado deseño de experimentos, o deseño e construción dun sistema optomecánico de análise en tempo real dos factores de procesamento, e o deseño e execución dun sistema de control en lazo pechado que garanta a formación de recubrimentos con propiedades homoxéneas.
Volver