Secretaría Uvigo - Formulación e proceso de produción de xeados veganos

Formulación e proceso de produción de xeados veganos

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Sidonia Martínez Suárez
Tribunal Secretaría: Paula Pérez Rodríguez
Presidencia: Francisco Javier Rodríguez Rajo
Vogalía: Sandra Rivas Siota
ResumoNos últimos anos o consumo de produtos veganos foi en aumento, debido ao crecente número de consumidores que queren alimentos que non son de orixe animal, así como dos que queren unha dieta máis sa. A industria tenta adaptarse ás necesidades do consumidor, sendo os produtos veganos unha liña en auxe.
Tendo en conta isto, este traballo pretende establecer o proceso de produción dun xeado de pistacho libre de materias primas de orixe animal, de alta calidade organoléptica, fisicoquímica e nutricional, seguro e cun alto nivel de aceptación por parte do consumidor.
Volver