Secretaría Uvigo - Calibración virtual da ECU do motor TU5JP4

Calibración virtual da ECU do motor TU5JP4

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jacobo Porteiro Fresco
Tribunal Presidencia: Fernando Cerdeira Pérez
Secretaría: José Ángel López Campos
Vogalía: Noelia Bazarra García
ResumoPara a calibración da ECU do motor TU5JP4 partiuse dun modelo xa feito en AVL-Boost, un software co que se pode simular todo tipo de motores de forma precisa simplificada e esquematizada, que permite parametriar todos os elementos que interveñen no funcionamiento do motor, como tuberías, sistema de admisión y escape, filtros, pistones, válvulas, etc.
Para un mellor manello da ECU pasouse o modelo do motor ao software AVL-Cruise M, outra opción que da AVL, máis intuitiva, avanzada e completa. Este cambio de programa non se pode exportar directamente, senon que modelouse o motor de novo, basándose no motor que se tiña en AVL-Boost, pero adaptándose ao novo software.
Unha vez que se tivo o motor modelado procedeuse á calibración da ECU, modificando a proporción de combustible por aire que se inxécta en cada ciclo, é dicir, o dosado, e o avance de ignición/chispa.
Primeiro fíxose unha simulación sen modificar nada para poder comparar os resultados posteriores e verificar que co novo modelado obtíñanse os mesmos resultados iniciáis que no software AVL-Boost.
No traballo non solo buscáronse as másximas prestacións, senon que tamén un comportamento eficiente do motor. Polo tanto, coa bolboreta totalmente aberta buscáronse os maiores puntos de potencia e par, e conforme o ángulo da bolboreta disminuía premiouse un menor consumo e un comportamento lineal do motor.
O procedemento de traballo consistiu en, basándose no comportamento do motor, e na teoría de motores, modificar o dosado e avance, comparando os resultados obtidos cos do motor orixinal e cos da modificación anterior, ata obter os mellores resultados posibles.
Volver