Secretaría Uvigo - Deseño dun taller multimarca para a reparación de vehículos industriais (camións).

Deseño dun taller multimarca para a reparación de vehículos industriais (camións).

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Luis González Cespón
Tribunal Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Vogalía: Rafael María Carreño Morales
Secretaría: Manuel Casal Guisande
Resumo
Neste proxecto vaise a levar a cabo o deseño e o desenvolvemento das instalacións eléctricas (tanto instalación eléctrica de iluminación como instalación eléctrica de forza), a instalación de ventilación, a instalación de aire comprimido, a xestión de residuos, a distribución de auga e saneamiento e o cumprimento da normativa contra incendios dun taller de reparaciones para camións situado na provincia de Pontevedra. O taller proporcionará servizos de mecánica, de carrocería, problemas eléctricos, pintura e a revisión de tacógrafos.
Este taller constará dunha zona administrativa de dúas plantas, na que se atopa unha recepción e unha zona de vestuarios na primeira planta e no piso superior hai unha zona de oficinas cun pequeno despacho para o gerente e unha sala de xuntas. Ademais, ten unha ampla zona de traballo onde se atopa toda a maquinaria necesaria para levar a cabo os diferentes servizos que se ofrecen no taller, consta de dous fosos de 21 m de longo cos que se poderá traballar ata con 6 camións simultáneamente, unha ponte guindastre, un sala onde almacenar os residuos xerados e onde estará situado tamén o compresor, unha cabina de pintura, dous despachos, un para o xefe do taller e outro para o encargado da electrónica, unha zona para soldar e outra para lavar as pezas, tamén se dispón dun almacén de recambios de pezas pequenas na planta baixa, mentres que as pezas grandes están almacenadas na planta superior necesitando así un montacargas para poder trasladar esas pezas dun piso a outro.
O proxecto vaise a dividir en cinco documentos: Memoria, cálculos justificativos, planos, pliego de condicións e orzamentos.
Volver