Secretaría Uvigo - Análise e proposta de melloras nos procesos de loxística interna e de calidade dunha empresa fabricante de mobles de exterior.

Análise e proposta de melloras nos procesos de loxística interna e de calidade dunha empresa fabricante de mobles de exterior.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Antonio Comesaña Benavides
Tribunal Secretaría: José Luis González Cespón
Vogalía: Ramón Francisco Soto Costas
Presidencia: Manuel Doiro Sancho
ResumoCo fin de mellorar os procesos loxísticos internos (capacidades, fluxos de material, cálculo e xestión de existencias) e a xestión da calidade (procesos de reclamación e devolución) dunha empresa do sector do mobiliario exterior, neste proxecto abordaranse as posibles melloras en diferentes áreas de traballo.

O primeiro paso será o cálculo das capacidades de produción e demanda dalgunhas referencias. Posteriormente, realizarase unha análise do fluxo de materiais de reposición entre almacéns dalgunhas das referencias con maior demanda da empresa. En base a esta análise, faranse unha ou máis propostas para mellorar a xestión de materiais co fin de obter reducións de stock e aforro de tempo na cadea de produción das referencias analizadas Tamén se propoñerá un cambio na disposición dos almacéns para aforrar tempos de viaxe para os materiais requiridos no proceso de montaxe dalgunhas referencias (fluxo de material).

Por outra banda, levarase a cabo unha análise do proceso de reclamacións, propoñendo a modificación da entrada de información de reclamacións, e a actualización do procedemento vinculado a este proceso (normalización do fluxo de incidencias por parte do cliente). Ao mesmo tempo, analizarase o fluxo de devolución de almacén entrante e proporase unha modificación do proceso de devolución física, así como a proposta dun procedemento para estandarizar dito proceso.
Volver