Secretaría Uvigo - Standardized communication between customer and supplier through electronic data interchange.

Standardized communication between customer and supplier through electronic data interchange.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Antonio Comesaña Benavides
Tribunal Secretaría: José Luis González Cespón
Vogalía: Ramón Francisco Soto Costas
Presidencia: Manuel Doiro Sancho
ResumoEste proxecto consiste en implantar unha mellora no envío de programas e recepción de albarás nunha empresa do sector da automoción. Actualmente, coa maioría de provedores, estes envíos realízanse en formato PDF e os datos introdúcese no sistema manualmente. O propósito é realizar o intercambio de información vía electrónica (EDI).
Son dous departamentos os que se ven afectados directamente por esta problemática. En primeiro lugar, o de loxística. O motivo principal é que non se posúe a certeza de que os envíos dos provedores coinciden cos programas (referencias, cantidades...) até a sua chegada ao almacén.
Por outro lado, esta problemática tamén afecta ao departamento de fluxo físico. A mercadoría e o embalaxe introdúcense por separado e de forma manual no sistema, que asigna un oco en función das súas características.
A empresa na que se leva a cabo o estudo, iniciou un novo proxecto que demanda unha gran cantidad de pezas subministradas por diferentes provedores cos que non existe unha comunicación estandarizada definida. Unha vez que o provedor confirma que ten capacidade suficiente para iniciar o proxecto, é necesario parametrizar ambos os sistemas para realizar o intercambio de información.
Volver