Secretaría Uvigo - Integración e adaptación dun novo formato de gamas de traballo nunha empresa de automoción

Integración e adaptación dun novo formato de gamas de traballo nunha empresa de automoción

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jesús García Arca
Tribunal Presidencia: Manuel Doiro Sancho
Vogalía: Ramón Francisco Soto Costas
Secretaría: José Luis González Cespón
ResumoA procura da eficiencia no proceso produtivo e do equilibrado dos distintos postos da empresa, dá lugar á necesidade de integración dun novo formato de gamas de traballo. Estas son realizadas polo departamento de operacións e lévanse a cabo tendo en conta os requisitos dos distintos departamentos (calidade, prevención de riscos e medioambiente).
Posto que a empresa na que se realiza este traballo ten como base a integración de persoal con discapacidade (física, psíquica e sensorial), é de vital importancia que as gamas de traballos sexan de fácil comprensión. Son redactadas dende o punto de vista dos traballadores cunha linguaxe clara e sinxela. Ilustradas en cada fase coas imaxes pertinentes para a súa correcta interpretación e cumprimento, tendo sempre en conta uns puntos chave de calidade, ergonomía, de custo, técnicos e de medioambiente.
Coas gamas de traballo implantadas, conséguese que os movementos do operario volvanse metódicos e que as variacións do tempo ciclo da preparación sexan apenas perceptibles. Polo que unha vez sexan implantadas as máis de 60 gamas correspondentes na totalidade de preparacións, e tomando os tempos de cada unha delas, permítese a realización do equilibrado dos postos. A maiores, posto que se pretende a integración de persoal con restricións, facilítase a agrupación das preparacións tendo en conta as distintas limitacións.
Así mesmo, e para o correspondente control, é necesaria a realización dun documento denominado ?Verificación Respecto ao Estándar?, onde se supervisa o correcto cumprimento de cada un dos puntos das gamas de traballo, e do que tamén se extrae información para a realización de futuras versións das gamas de traballo.
Volver