Secretaría Uvigo - Implantación dun Procedemento de Consignación en máquinas de inxección.

Implantación dun Procedemento de Consignación en máquinas de inxección.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Begoña González de Prado
Tribunal Presidencia: Manuel Doiro Sancho
Vogalía: Ramón Francisco Soto Costas
Secretaría: José Luis González Cespón
ResumoO campo da prevención de riscos laborais desenvolveuse notablemente nos derradeiros anos en moitos países a través da aplicación de leis e procedementos que garantan a saúde e seguridade dos traballadores. Unha das derradeiras tendencias neste ámbito foi a aparición da consignación industrial.
Cando falamos de consignar, referímonos ás prácticas e procedementos específicos para protexela seguridade dos empregados da activación ou inicio inesperado das máquinas e máis equipos.
Este proxecto ten como obxectivo principal, a implantación dun procedemento de consignación nunha empresa do sector da automoción adicada a inxección e montaxe de pezas técnicas.
Tendo isto en conta, procuraremos facilitar un modo de operación único que garanta a seguridade dos traballadores á hora de realizalas tarefas de mantemento propias dun proceso productivo como é o de inxección.
Para isto, realizarase unha recollida de datos nesta área, é decir, investigarase sobre as actividades realizadas e quen realiza ditas actividades.
Unha vez feito isto, identificaremos e avaliaremos os riscos analizando os tipos que se atopan na área de máquinas, prestando especial atención ás enerxías perigosas que se poden atopar e á forma na que se enfrontan para neutralizalas ao intervir.
Despois de completar estas fases, procederemos á adopción de medidas preventivas que reflectiremos en forma de procedemento, onde estableceremos unha orde de actuación para todas aquelas tarefas que impliquen risco.
Volver