Instalación domótica de Amazon Alexa con seguridade e control por voz.
Autoría | Eduardo Zarza Márquez |
Data de defensa | 16/09/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Enrique Soto Campos |
Tribunal |
Secretaría: Juan Manuel Berea Cruz Presidencia: Rafael Verdugo Mates Vogalía: José Ignacio Iglesias Prado |
Resumo | Neste proxecto tratarase o control dunha instalación domótica a través de comandos de voz con Alexa usando dispositivos da gama ESP (Tarxeta NodeMCU ESP8266MOD. Tarxeta de desenvolvemento similar a Arduino, especialmente orientado ao internet das cousas(IoT). Conta cun chip integrado baseado no chip ESP8266 con conexión Internet, compatible co protocolo TCP/IP ) e Elegoo (ELEGOO Mega 2560 R3 tarxeta placa con microcontrolador, baseado no ATmega2560). Ambos elementos son compatibles co entorno de desenvolvemento do Arduino, ademais doutros entornos usando a linguaxe C++. Para a conexión entre Alexa e o ESP vaise utilizar un protocolo MQTT (Message Queing Telemetry Transport), encargado do direccionamento das instrucións entre o dispositivo Alexa e o dispositivo ESP con acceso a internet. Ademais vaise realizar unha análise da seguridade na conexión a internet deste tipo de instalacións, debido aos perigos pola falta de necesidade de autenticación á hora de conectarse. |