Secretaría Uvigo - ?Entorno de aprendizaxe e proba de sensores biomédicos?

?Entorno de aprendizaxe e proba de sensores biomédicos?

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Fariña Rodríguez
Tribunal Secretaría: Juan Manuel Berea Cruz
Presidencia: Rafael Verdugo Mates
Vogalía: José Ignacio Iglesias Prado
ResumoO obxectivo deste traballo é a elaboración dunha aplicación que permita medir as constantes vitais dos seres humanos. Para iso empregarase un dispositivo de adquisición de datos de National Instruments, chamado NI myDAQ, diferentes sensores biomédicos e un software que permite desenvolver aplicacións de probas, control e medidas( LabVIEW).

Con esta aplicación preténdese monitorizar as devanditas constantes, tanto numérica como graficamente, e a maiores poder gardar determinados parámetros medidos, cun nome identificativo; para que certos valores queden rexistrados e poidan ser avaliados máis adiante.
Con isto tamén se persigue un achegamento o mundo dos sensores biomédicos, para así facilitar a ensinanza e a aprendizaxe na utilización dos mesmos.

Os sensores a empregar forman parte dun kit de ensinanza elaborado e vendido por iWorx, e todos eles son compatibles co NI myDAQ. Debido ó tempo que se vai empregar na realización deste TFG, imos contemplar só catro sensores biomédicos, dos incluídos neste kit:

-Sensor de medición da temperatura( TMN-100).
-Sensor de medición do pulso( PHRMN-100).
-Sensor de medición da presión arterial( BP-220).
-Sensor de medición da forza da man, ou dinamómetro( FT-220).


Volver