Secretaría Uvigo - Deseño e implementación dun dispositivo para o control e detección da contaminación por hidrocarburos en medios acuáticos mediante un sistema IoT baseado en Arduino MKR FOX 1200

Deseño e implementación dun dispositivo para o control e detección da contaminación por hidrocarburos en medios acuáticos mediante un sistema IoT baseado en Arduino MKR FOX 1200

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Soto Campos
Tribunal Secretaría: Juan Manuel Berea Cruz
Presidencia: Rafael Verdugo Mates
Vogalía: José Ignacio Iglesias Prado
ResumoEste traballo enmarcase nunha liña de traballos que realizáronse en colaboración co Departamento de Enxeñería Química. Esta liña aborda a detección de contaminantes en medios acuáticos para a que foise desenrolando un sistema IoT baseado nun Arduino con diversos sensores conectados á rede de datos para IoT Sigfox.
O propósito do presente traballo é desenrolar o sistema actual para a detección da presencia de hidrocarburos na auga. Deste xeito, pretendese presentar una solución sinxela, mesturando múltiples tecnoloxías, para levar a cabo un prototipo de dispositivo eficiente e económico, co cal dar solución a un problema real, como é a contaminación e os perigosos vertidos que ameazan ao medio que rodea lugares próximos ás industrias. Así mesmo, e propiciado por ser continuación de proxectos anteriores, tamén recollería datos doutros diversos parámetros clave, co obxectivo de determinar posibles cambios ou perturbacións no medio, e realizar así un seguimento e control apropiado para calquera depósito ou piezómetro en tempo real, empregando a tecnoloxía IoT mediante unha rede SigFox.
De esta forma, se desenrola un dispositivo capaz de soportar calquera tarefa de seguimento e control sobre as propiedades da auga de diferentes zoas, a cal, conectándose remotamente a un servidor en liña sen a necesidade de conexión a internet (mediante IoT), permite ter monitorizados unha gran cantidade de datos relevantes de forma sinxela, fiable e económica.
Evitaríanse elevados costes empregados nas comunicacións, ou o feito de ter que realizar desprazamentos aos lugares nos que estiveran emprazados tódolos sensores a diferenza de como vense realizando comunmente este tipo de controles, dadas certas imposibilidades (cobertura, economía?) que inhabilitan a instalación doutro tipo de dispositivos. Grazas a todo isto, facilitaríase moito a realización destas labores e teríanse moito máis controlado os parámetros desexados, minimizando así os riscos de contaminación posibles.
Unha posible aplicación específica para o dispositivo é a detección destes parámetros en piezómetros de lugares como gasolineiras ou industrias que actualmente requiren o tratamento continuo de estes datos, e que vense obrigadas, xa sexa por motivos económicos ou xeográficos, a realizalo mediante outras vías non tan apropiadas. É por elo que, coa incorporación do noso dispositivo, podería detectarse a tempo a aparición de vertidos e residuos, e así contribuír co medio ambiente evitando problemas de contaminación a largo prazo que actualmente teñen lugar dada a inapropiada xestión que se ten dos mesmos.
Volver