Secretaría Uvigo - Deseño dunha interface para maquetas de procesos en ámbitos docentes baseado en tablets

Deseño dunha interface para maquetas de procesos en ámbitos docentes baseado en tablets

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Fariña Rodríguez
Tribunal Secretaría: Juan Manuel Berea Cruz
Presidencia: Rafael Verdugo Mates
Vogalía: José Ignacio Iglesias Prado
ResumoO obxectivo do traballo é deseñar e poñer a punto unha metodoloxía que permita desenvolver unha interface de usuario para maquetas de procesos. Estará dirixido cara o ámbito docente. Usarase un dispositivo Android (teléfono ou tablet) como interface home-máquina e un microcontrolador pic asociado as maquetas de procesos. Desta forma, o alumnado poderá incorporar unha interface de usuario ao deseño da maqueta xa realizado, para controlar a asignada, sen necesidade de estudar o funcionamento dos dispositivos de interface.

A metodoloxía deberá ser o máis sinxela posible, co fin de facilitar a comprensión da programación. Deste xeito, conseguirase non solo unha aplicación funcional coa que se poderán controlar as maquetas de procesos, senón que tamén se establecerá unha estrutura de programación clara, doada de replicar e de modificar, para engadir novos elementos de control en maquetas novas. Por isto, a estrutura diseñarse dunha forma modular.

O interface non persegue ser unha colección de paneis predefinidos, destinados a xestionar unha maqueta en concreto. A idea é que o usuario poda crear o seu propio panel de mando, adecuado a maqueta de procesos, usando elementos predefinidos e arrastrando estes dende unha lista de compoñentes dispoñibles. Poderán ser botóns, terminais, visores de datos, gráficas, indicadores... Unha vez deseñado un panel, poderase gardar e volver a utilizar nun futuro, sen ter a necesidade de crear, unha e outra vez, dende cero, un panel para a mesma maqueta.

O procedemento para comezar a desenvolver a aplicación, será ir creando os diferentes botóns necesarios para controlar unha maqueta de probas sinxela. Esta estará composta por unha ?protoboard?, o micro, un módulo Bluetooth , un motor de corrente continua, un interruptor óptico, un teclado matricial e o resto de compoñentes precisos para xestionar e alimentar estes dispositivos. Desta forma, irase creando unha base de datos que o usuario do interface poderá ir incorporando ao seu panel de mando.

Poderanse exportar os datos extraídos das diferentes maquetas, cara aplicacións externas, co fin de poder procesalos, por exemplo, para representar gráficas nunha folla de cálculo. Tamén será posible importar datos de arquivos externos, como podería ser unha secuencia de datos que definen unha sinusoidal, dende un ficheiro de texto.

A app programarase con Android Studio, por ser este o entorno de desenvolvemento máis utilizado, polo que goza de gran cantidade de documentación e librerías. Ademais, farase un breve estudo do resto de software libre destinado a programar en sistema Android, co obxectivo de determinar se a idea inicial de usar Android Studio é a mais conveniente para o desenvolve do proxecto.

A programación dos dispositivos que controlan as maquetas de procesos faranse con ferramentas de software libre ou de baixo custo. A conexión entre o dispositivo de interface e o micro asociado as maquetas realizarase cun módulo Bluetooth HC-06. Por último, estudarase a posible incorporación de outros métodos de conexión, como por exemplo, vía WIFI.
Volver