Secretaría Uvigo - Desenvolvemento de prototipo para a implementación de xemelgo dixital mediante MTConnect

Desenvolvemento de prototipo para a implementación de xemelgo dixital mediante MTConnect

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Tribunal Vogalía: Marcos López Lago
Presidencia: José Fariña Rodríguez
Secretaría: Enrique Paz Domonte
ResumoCon este traballo de fin de master pretendese por en marcha un prototipo caso de uso de xemelgos dixitais segundo o estándar ISO23247 ("Sistemas de automatización e integración. Marco de xemelgo dixital para a fabricación")
Este estándar define a arquitectura de xemelgo dixital para entornos de fabricación baseados en cadeas CAD/CAM/CNC.
O caso de uso no que se enmarca o proxecto desenvolve a "fabricación ó voo", e dicir, estuda a aplicación do estándar no caso dunha execución de mecanizado o voo, sobre unha peza que está en movemento.
O proxecto fin de master, principalmente, centrase no desenvolvemento e posta a punto das comunicacións entre o proceso de control da máquina (PLC-NC) e as aplicacións deseñadoras e supervisoras, estas xeran unha especificación de mecanizado segundo o estándar STEP-NC.
Estas comunicacións e interoperatividade implementaranse, seguindo a proposta do estándar, empregando o protocolo de comunicacións MTConnect, o cal permite o intercambio de datos entre equipos de planta e aplicacións de software que se empregan para a supervisión e o análise de datos, orientado o sector da fabricación por CNC.
Ademais, información adicional bidireccional de comandos e configuracións implementarase mediante recursos IIoT (MQTT u OPC-UA). Con todo, un usuario supervisor comandará via IHM web, dende StepTools (NYork, USA), as operacións da máquina no laboratorio Ricardo Marín (Vigo).
A parte de Vigo proporcionará todo-los datos a través de MTConnect para que remotamente se poida reproducir visualmente o traballo de fabricación e/ou análises mais detallados con tódolos datos do proceso recibidos
Volver