Secretaría Uvigo - Modelo de simulación para un xerador de enerxía mareomotriz xa existente

Modelo de simulación para un xerador de enerxía mareomotriz xa existente

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Camilo José Carrillo González
Titoría: Enrique Paz Domonte
Tribunal Vogalía: Marcos López Lago
Presidencia: José Fariña Rodríguez
Secretaría: Enrique Paz Domonte
ResumoEste traballo pretende desenvolver un modelo de xeración dun prototipo de plataforma de xeración de enerxía mareomotriz xa existente, actualmente situado nas illas Orcadas, en Escocia. Este modelo sería parte dun futuro proxecto, no cal se desenvolvería un xemelgo virtual completo do prototipo, tendo en conta todos os aspectos que poderían afectar á xeración de enerxía.
Para iso, partindo de resultados de probas xa realizadas sobre o dispositivo, cuxos datos xa foron procesados e analizados, montarase nun software específico un programa que emule a resposta do dispositivo de xeración da plataforma. Para o seguinte apartado, necesitarase facer un programa de control que regule a actuación sobre os distintos elementos que o prototipo pode utilizar para a regulación da potencia de saída.
Unha vez feito isto, procederase a conectar ambos os programas, de maneira que o control, similar ao real, pero simplificado, actúe sobre o modelo de simulación, no canto de sobre a plataforma real.
Acto seguido, realizaranse simulacións co modelo, axustando os ángulos de paso das pas e propoñendo diferentes tipos de control, e parametrizando os mesmos a través de resultados obtidos.
Finalmente, analizaranse os datos obtidos, de maneira que poidan servir de axuda para a posta en marcha real do dispositivo.
Volver