Secretaría Uvigo - Deseño e desenvolvemento dun prototipo de sensor de radón para tubos

Deseño e desenvolvemento dun prototipo de sensor de radón para tubos

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jorge Cerqueiro Pequeño
Tribunal Secretaría: Enrique Paz Domonte
Presidencia: José Ignacio Armesto Quiroga
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoO gas radon é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco. Hoxe en día hai varios tipos de sensores para controlar a concentración de radón, de varios tipos baseados en diferentes tecnoloxías, pero todos eles cun custo económico medio ou medio-alto.
Este Traballo Fin de Grao busca definir un prototipo de sensor de concentración de baixo custo. Abordarase o deseño conceptual e o desenvolvemento posterior dun sensor para a detección do nivel de concentración de gas radón que se colocará en liña nun conduto de aire, baseado na tecnoloxía de fotodiodos. Tamén se levará a cabo un estudo teórico para determinar o coeficiente de detección do detector.
O traballo incluirá o deseño mecánico do prototipo do sensor, o cableado e a electrónica necesaria para a xeración do sinal de saída dixital, que incluirá o propio sensor multidiodo, a electrónica de alta impedancia de entrada para a amplificación e acondicionamento do sinal e a unidade de control baseada en microcontrolador ou System-on-Chip (incluída a súa programación) que xerará a saída dixital correspondente.
Volver