Secretaría Uvigo - Sistema automático de medición de distancia e escuadrado de travesas

Sistema automático de medición de distancia e escuadrado de travesas

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Paz Domonte
Tribunal Secretaría: Enrique Paz Domonte
Presidencia: José Ignacio Armesto Quiroga
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoDesenvolvemento dun sistema automático de medición de distancia e escuadrado de travesas composto por dúas cámaras de liña (unha para cada carril da vía), iluminación lineal, un hodómetro e un PC industrial con framegrabber e tarxeta gráfica avanzada, embarcado todo nun pequeno carro de carga.

A detección faise capturando as imaxes coas cámaras de liña, a medida que se reciben pulsos del hodómetro para que as imaxes sexan independentes da velocidade; sobre elas realízase unha detección de elementos da vía (parafusos, travesas e clips) mediante unha rede neuronal adestrada con imaxes de travesas tanto en balastro como en placa, e a partir dos elementos detectados se realizan os cálculos para determinar que as travesas cumpren todos os parámetros establecidos polo usuario (distancia entre dúas travesas, entre seis travesas, escuadrado con respecto ó eixo da vía e número de travesas nos últimos 100 e 1.000 m).

O sistema realiza estas tarefas a medida que se vai circulando co carro sobre a vía. A persoa operaria pode ver as imaxes que se están a obter e recibe alertas cando unha travesa está mal posicionada. A precisión para o equipo establécese en 0,5 mm por cada medida realizada (entendida como unha distancia normativa entre travesas en balastro, 600 mm).
Volver