Secretaría Uvigo - A ACUICULTURA OFFSHORE NA UNIÓN EUROPEA Especial atención á interacción coas demais actividades económicas realizadas no mar

A ACUICULTURA OFFSHORE NA UNIÓN EUROPEA Especial atención á interacción coas demais actividades económicas realizadas no mar

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Comercio Internacional - Non Presencial
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: Pablo Cabanelas Lorenzo
Tribunal Titoría: Pablo Cabanelas Lorenzo
ResumoAo longo deste traballo preténdese facer un estudo acerca da acuicultura, que é, a súa implementación no espazo marítimo -a ordenación do espazo marítimo-, o fomento por parte da Unión Europea da acuicultura en coordinación co Green Deal e a consecución dos ODS, ademais da análise do novo Fondo Marítimo Pesqueiro.
O crecente interese pola acuicultura como medio de creación de emprego, a súa incidencia no medio ambiente, a limitación dos recursos pesqueiros unida ao crecente consumo de peixe, e a concorrencia de actividades nos espazos marítimos, fai que tanto a UE como os estados tomen conciencia da importancia da súa regulación e xestión.
A acuicultura inclúe temáticas tan relevantes como o uso do dominio público ? e a pluralidade de competencias entre as Administracións estatais e a UE-, a protección do consumidor, a ordenación marítima e a política pesqueira común (PPC).
Finalmente realízase unha reflexión sobre a concorrencia da acuicultura mariña offshore coas demais actividades económicas, en especial coa pesca, pois ambas as actividades realízanse co mesmo fin, prover de alimentos á poboación.
Volver