Secretaría Uvigo - Deseño de un sistema de transporte automático mediante unha estación rotativa para unha liña de envasado de botellas de leite.

Deseño de un sistema de transporte automático mediante unha estación rotativa para unha liña de envasado de botellas de leite.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: David Suárez Eiroa
Cotitoría: Natalia Cid Rodríguez
Tribunal Presidencia: Enrique Paz Domonte
Secretaría: María Rodríguez Damian
Vogalía: Ángel Paredes Galán
ResumoEste proxecto consiste no deseño de un sistema de transporte formado por unha estación rotativa para unha liña de envasado de botellas cilíndricas de plástico de 1.5 litros de leite. Para isto, lévase a cabo un estudo de solucións actualmente en uso na industria para buscar a opción que mellor se adapte ás esixencias do cliente, como son a xeometría e peso das botellas, os tempos de produción (de 8 botellas por minuto) e o espazo.
A liña de envasado está formada por unha cinta de entrada, unha estación rotativa e unha cinta de saída. Dito sistema disponse de tal forma que as cintas formen 90ᵒ (distribución en L) para adaptarse ao espazo e facilitar o labor do operario. A estación rotativa encárgase de desprazar as botellas 270ᵒ, aínda que este valor é facilmente modificable. Os pratos contan oito estacións para que cada botella pase polas posicións intermedias necesarias para encher, colocar o tapón, roscar, etc. O deseño dos mesmos pódese adaptar a diferentes formatos, e polo tanto xeometrías, acorde coas esixencias do cliente.
Debido á altura que teñen as botellas, proponse unha estación con tres pratos xiratorios, que son deseñados a medida para a xeometría das mesmas. Dous deles fabrícanse en teflón, xa que é un material lixeiro, fácil de mecanizar e con un coeficiente de fricción baixo, e o prato superior en aceiro inoxidable, dun espesor inferior aos anteriores, para garantir a posición das botellas.
Esta estación está protexida baixo un bastidor cerrado no que se pode integrar o proceso de encher, roscar, etc.; segundo as necesidades do cliente. Para conseguir o movemento desexado da estación rotativa é necesario deseñar unha transmisión formada por unha árbore, un motor e todos os elementos necesarios, tanto de apoio como de fixación. Antes de levar a cabo o deseño, é necesario o cálculo dos elementos que transmiten o par, principalmente da árbore, motor e unión aparafusada. Para iso utilízase o software KISSsoft, que serve para calcular a resistencia estática e a vida útil da maioría dos compoñentes. Isto permite dimensionar correctamente aos compoñentes da máquina e seleccionar aqueles elementos comerciais existentes no mercado. Para xerar o movemento é necesario un motor capaz de proporcionar pulsos, é dicir, realizar desprazamentos dun ángulo determinado, controlando a posición e a velocidade. Entre todas as alternativas valoradas, óptase por un servomotorreductor, por ser a opción que cumpre cos requisitos de precisión e velocidade.
O deseño faise a medida para a xeometría das botellas e enfocado en facilitar a montaxe e o mantemento do sistema. Para o modelado en 3D utilízase o software Solidworks. E por último extráense planos do deseño e elabórase un presuposto para estimar os custos da súa fabricación.
Volver