Secretaría Uvigo - Adaptación e posta en marcha de robot SCARA para ensaios con micropipetas en laboratorio

Adaptación e posta en marcha de robot SCARA para ensaios con micropipetas en laboratorio

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Tribunal Presidencia: Enrique Paz Domonte
Secretaría: María Rodríguez Damian
Vogalía: Ángel Paredes Galán
ResumoNeste Traballo de Fin de Grao búscase adaptar o robot eCobra600 do fabricante Omron, robot con topoloxía SCARA, para poder realizar ensaios con micropipetas en laboratorio a través da manipulación de fluídos. Neste recóllese o deseño dos distintos elementos para poder alcanzar este obxetivo utilizando como materiais aluminio e PLA, así como a solución ao accionamento da micropipeta, un cilindro neumático. A súa vez realízase a posta en marcha, controlando ao robot mediante o autómata NX1P2 de Omron. A comunicación entre o controlador do robot e o autómata faise mediante o protocolo Ethernet/IP. Utilízanse para levar a cabo o proxecto os programas para automatización e programación de robots do fabricante Omron: Sysmac Studio e ACE 4.0. Para a programación séguese a norma estándar internacional IEC 61131, centrándose o traballo no uso da biblioteca Adept Robot Control Library para Sysmac. O programa prototipo consiste en proporcionar ao usuario unha xestión de modos, atención a alarmas e o desenrolo dunha tarefa de Pick&Place.
Volver