Secretaría Uvigo - Sistema de xestión de presenza e control de persoal a través dun módulo ESP32-Cam mediante conexión por WiFi.

Sistema de xestión de presenza e control de persoal a través dun módulo ESP32-Cam mediante conexión por WiFi.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Pérez Cota
Tribunal Presidencia: Enrique Paz Domonte
Secretaría: María Rodríguez Damian
Vogalía: Ángel Paredes Galán
ResumoCreación dun programa implementado nunha Raspberry Pi 4 Model B en Python 3 para xestionar a presenza e control de persoal. Isto farase por medio de tratamento de imaxes estáticas (fotografías) que o programa lle solicita facer ao módulo ESP32-Cam co simple feito de acceder á dirección IP do elemento. O dispositivo de captura de imaxes está conectado a través dun adaptador TTL-USB a un xestor (pode ser a Raspberry ou, coma neste caso un ordenador), dende o cal se programan os seus parámetros en código Arduino. Estes serán a rede á que se conecta, dirección IP (podemos configurar unha fixa ou que o programa nos proporcione unha aleatoria) e resolución das imaxes.
Trala solicitude e obtención da captura por parte do programa, mediante a biblioteca de OpenCV, que permite a detección e o recoñecemento de rostros, comprobarase se hai algunha persoa nela e se está almacenada no sistema. Se se identifica ao suxeito, está foto gárdase nun cartafol propio para o identificado na Raspberry coa data de obtención. Por outra banda, tamén se almacenará nunha base de datos certa información, como a hora de entrada/saída e a data. Pola contra, se o programa detecta unha persoa pero non a identifica, esta imaxe irá a outro directorio (o nome será o momento no que se gardou) e darase unha alerta. Máis adiante, o encargado de manexar o programa revisaría esta foto para saber quen intentou acceder/saír e non foi identificado.
Volver