Secretaría Uvigo - Proxecto de execución de local comercial para tenda de venda de roupa e complementos ó por menor.

Proxecto de execución de local comercial para tenda de venda de roupa e complementos ó por menor.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica (Curso Ponte)
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Blanca Nieves Miranda Blanco
Tribunal Secretaría: Román Xosé Carballido Gay
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Fernando Agustín Ribas Pérez
ResumoO TFG-TFM consistirá nun proxecto de execución dun local comercial destinado a tenda de venda de roupa e complementos ó por menor, na cal, partindo dun local baleiro nun centro comercial, realizaremos a implantación de todo o necesario para o desenvolvemento futuro da actividade.
Primeiramente, a partires dun plano baleiro de estado actual, estúdase a mellor solución posible para ubicar o almacén e os probadores, que é o que menos espazo ocupará. Neste caso, ó ser un local de 300m² soamente, quédase pequeno e construirase unha entreplanta, tamén chamada altillo, de 150m², para poder usar soamente de almacén e de cuarto de instalación, para poder deixar o resto do local a zona de venda. Unha vez decidido o Layout inicial, definiranse as instalación necesarias para poder dotar o local comercial. Comezamos polo mais simple, a instalación de fontanería, para poder dotar de aseos o local, usando para elo un pequeno termo, debido a que o centro comercial non deixa instalar placas solares térmicas. Continuamos coa instalación contraincendios, na cal, a firma, require un sistema de aspiración e outro de detección convencional, deseñándoo segundo a normativa. A continuación de todo elo, defínese a instalación de climatización, realizando primeiramente, un estudo de cargas para definir á máquina de climatización e poder ubicar no exterior, para, posteriormente deseñar a rede de conductos de impulsión, retorno e extracción requerida por normativa. Por último, realízase o deseño da instalación de electricidade, para a cal, a propiedade envía o deseño de iluminación e as necesidades de forza do mobiliario a instalar, e, con todo elo, implementar un plano adaptando todo á normativa español.
Finalmente, procédese a realizar á legalización de tódalas instalacións antes os Organismos Competentes.
Volver