Secretaría Uvigo - Deseño dunha bobinadora para a fabricación de pastillas de guitarra.

Deseño dunha bobinadora para a fabricación de pastillas de guitarra.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica (Curso Ponte)
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Pablo Izquierdo Belmonte
Cotitoría: Pablo Yáñez Alfonso
Tribunal Secretaría: Román Xosé Carballido Gay
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Fernando Agustín Ribas Pérez
ResumoO TFG proposto pretende ser un proxecto interdisciplinar que abrangue tanto competencias específicas da Enxeñería Mecánica coma son o coñecemento de técnicas de representación gráfica a través das ferramentas CAD, o emprego dos principios de resistencia de materiais, a capacidade para o cálculo e deseño de máquinas ou a capacidade para organizar e xestionar proxectos; como principios da Enxeñería Eléctrica, investigación comercial e certo estudo histórico.
Pola tanto, comezaremos cun breve apuntamento sobre a evolución do instrumento, para continuar cun pequeno estudio de mercado que aporte información acerca da posible demanda que tería o noso produto. Logo disto, analizaremos a clasificación, constitución e funcionamento das pastillas electromagnéticas a través do seu principio de funcionamento e o seu circuíto equivalente. Unha vez comprendido o elemento que a nosa máquina deberá fabricar, levaremos a cabo un benchmarking ao xeito de estado da arte, en base ao cal exporemos os requisitos previos que, ao noso xuízo, debe reunir o deseño final.
En base a un primeiro deseño preliminar, analizaremos e melloraremos o produto nunha evolución que nos leve a lograr unha bobinadora de pastillas para guitarra totalmente funcional e fiable.
Volver