Deseño e validación dun sistema modular de iluminación e identificación dun vehículo sobre un dispositivo anti empotramento optimizado
Data de defensa | 15/09/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Mecánica |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Pablo Izquierdo Belmonte Cotitoría: Marcos Barreira Lamas |
Tribunal |
Secretaría: Román Xosé Carballido Gay Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro Vogalía: Fernando Agustín Ribas Pérez |
Resumo | Este proxecto céntrase no deseño dun novo sistema de ancoraxe para os diferentes sistemas complementarios, de iluminación e identificación na parte traseira do vehículo, que por normativa debe estar correctamente situado para que o vehículo poida ser homologado. O que se busca é chegar a unha solución que permita reducir considerablemente os tempos de montaxe e desmontaxe dos diferentes sistemas reguladores do vehículo, así como simplificar o seu sistema de fixación e acoplamento. Para iso, e partindo dun deseño optimizado dunha barra anti empotramento, o obxectivo é modelar un sistema que permita situar os sistemas de iluminación e identificación na barra anti empotramento e non fixalos no marco do vehículo como se ven facendo ata hoxe en día. Ademais, ao ter os sistemas complementarios acoplados á barra anti empotramento, permite que, se é necesario transferir os sistemas dun vehículo a outro con características similares, poida levarse a cabo nunha soa operación, simplificando o proceso e sen necesidade de realizar reformas.adaptación no cadro para que os sistemas reguladores estean situados nos lugares que rexen a normativa. |