Secretaría Uvigo - Modelado BIM e control da saúde estrutural da ponte histórica de aceiro de o Barquiero

Modelado BIM e control da saúde estrutural da ponte histórica de aceiro de o Barquiero

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Cabaleiro Núñez
Tribunal Secretaría: María Julia Cristóbal Ortega
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Belén Riveiro Rodríguez
ResumoEste Traballo Fin de Grao comprende os procedementos necesarios para a elaboración dun modelo HBIM dunha ponte histórica de aceiro romblonado. No caso de estruturas antigas, a metodoloxía BIM permite evaluar a evolución da estrutura ao longo do tempo, este tipo de modelado denominase HBIM. Neste proxecto pretendese crear un documento HBIM da ponte histórica de aceiro romblonado, Ponte de o Barqueiro, localizado no Vicedo, Galicia, España. No documento añadirase información (imaxes, datos do escaneado estrutural, espesores) que describan a estrutura con maior número de detalles. Toda esta información adxuntarase a un arquivo de Revit, podendo acceder a ela fácilmente e sendo posible realizar un seguimento exhaustivo da saúde estrutural, ademais de realizar actualización cos anos. Tamén se realizarán comparacións da estrutura en tres instantes de tempo diferentes, podendo observar a variación da ponte entre 1901, 2006 e 2020. O resultado final do traballo constituirá un documento HBIM que permita seguir a evolución da estrutura, unha comparativa entre tres modelados distintos no referente as etapas da ponte.
Partindo dun escaneado láser da ponte de estudio, obtendrase a xeometría tanto da ponte como dos perfiles que a conforman. Posteriormente, empregando un programa de diseño CAD, realizarase un modelo de esta no cal, se adxuntará a información anteriormente citada.
Volver