Secretaría Uvigo - Prototipo Driverless UVigo Motorsport: Conversión dende un monopraza Formula Student de combustión

Prototipo Driverless UVigo Motorsport: Conversión dende un monopraza Formula Student de combustión

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: Miguel Ramón Diaz-Cacho Medina
Tribunal Titoría: Miguel Ramón Diaz-Cacho Medina
ResumoO coche autónomo é un dos maiores retos do sector automobilístico na actualidade. Un tópico cada vez máis desenvolvido debido aos avances do dominio e o aumento de recursos que os fabricantes invisten nel. O seu concepto implica sobrepoñerse a certas cuestións. Principalmente, a investigación, desenvolvemento e custo da avanzada tecnoloxía que require, xunto ao seu impacto en numerosos campos como son:
 A propia industria do automóbil.
 A saúde e o benestar.
 O plan urbanístico e a infraestrutura
 O sector asegurador.
 A enerxía e o medioambiente.
 A privacidade.
 Os servizos de transporte, emerxencia e militares.
 As telecomunicacións.
 O mercado laboral.
 A seguridade.
 As cuestións morais.
 A propia circulación dos vehículos en todos os seus elementos, como son o tráfico e o aparcamento, entre outros.
A grandes liñas, para dotar a un vehículo da devandita capacidade autónoma, débense implementar un número de sistemas que substitúan ao piloto humano en todas as súas capacidades. A división destes sistemas pódese realizar nos bloques de Percepción, Estimación, Control e Actuación.
Neste proxecto tratarase a reconfiguración dun monopraza Formula Student para dotalo de funcionalidades autónomas. Para iso, presentaranse conceptos como o marco de desenvolvemento da competición Formula Student e a súa normativa técnica, así como os aspectos técnicos relevantes do monopraza de combustión. Desenvolveranse os diversos subsistemas autónomos en calidade de que tecnoloxías presentan, probas ás que ven sometidas e outras consideracións durante o seu deseño e formulación. Tamén se recollerán as investigacións, deseños e probas realizadas para dotar aos prototipos de sistemas de telemetría en tempo real. Finalmente, expoñeranse as liñas de traballo futuro con respecto ao prototipo, actualmente en desenvolvemento.
Volver