Secretaría Uvigo - Desenvolvemento de melloras de eficiencia enerxética en FINSA FIBRANOR.

Desenvolvemento de melloras de eficiencia enerxética en FINSA FIBRANOR.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Pérez Donsión
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Vogalía: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: Enrique Soto Campos
Vogalía: Jorge Marcos Acevedo
Secretaría: Xosé Manuel López Fernández
ResumoNa industria do sector da fabricación da madeira, moitas empresas consomen un porcentaxe significativamente maior de enerxía respecto á debida durante os diferentes procesos produtivos, en moitos casos evitable, o que conleva uns maiores custos enerxéticos. FINSA Fibranor,empresa de fabricación de taboleiros de madeira( de piñeiro principalmente), conta cunha gran cantidade de procesos de fabricación ou transformación e, nalgúns deles, a enerxía consúmese mentres se realizan operacións, sendo éstas unhas perdas que se poden reducir ó máximo posible mediante a instalación de diversos mecanismos.
En dita empresa, tratáranse determinadas liñas onde as melloras de eficiencia enerxética sexan máis factibles de levar a cabo e nas que se avaliarán determinadas solucións, realizando unha análise enerxética de cada unha delas, así como unha análise económica que determinará o custo da inversión requerida e o período de amortización do desembolso. Este será o que defina de forma concluínte a viabilidade de cada proposta resolutiva, sempre e cando os aforros enerxéticos sexan significativos.
Na memoria, analizaranse polo miúdo, polo tanto, as problemáticas actuais, a solución e a lexislación a empregar, así como o emprazamento, os cálculos xustificativos, os planos e as conclusións.
Volver