Secretaría Uvigo - Optimización de perfilado de taboleiro en continuo

Optimización de perfilado de taboleiro en continuo

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Antonio Fernández Álvarez
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Secretaría: Xosé Manuel López Fernández
Vogalía: Enrique Soto Campos
Vogalía: Jorge Marcos Acevedo
Vogalía: Manuel Pérez Donsión
ResumoMediante o desenvolvemento de este proxecto búscase dar solución aos problemas de posicionamento de taboleiros MDF (medium density fiber) presentes na liña de Valor Engadido-Melamina-P2, situada na empresa Finsa Padrón.
Tras a creación do taboleiro MDF, este pasa a zona de valor engadido, concretamente a Melaminas, na cal hai instaladas dúas liñas chamadas Plastificado 1 (P1) e Plastificado 2 (P2) nas cales se engade ao taboleiro una capa superior e inferior de papel de melamina que pode ser de diferentes cores e acabados superficiais e que lle agrega valor ao produto final.
Este papel de melamina adhírese ao taboleiro mediante a aplicación de presión e temperatura nunha prensa e posúe unhas dimensións lixeiramente superiores aos do taboleiro polo que se fai necesario recortar ese exceso de papel mediante a aplicación dun perfilado polos catro cantos do taboleiro nunha máquina chamada limpiacantos. Para iso o taboleiro sale da prensa e mediante una cinta transportadora de correas avanza hasta un tope mecánico que posiciona o taboleiro para o perfilado da súa parte dianteira. De seguido o carro móbil do limpiacantos perfila o canto dianteiro e os rascadores transversais perfilan os cantos laterais.
A problemática reside en como se fai o posicionamento do canto traseiro dos taboleiros, que será perfilado polo carro móbil do limpiacantos. Na versión inicial da liña P2 o posicionamento da parte traseira dos taboleiros conseguíase facendo avanzar o taboleiro mais alá do seu posicionamento óptimo e mediante unha inversión de xiro da cinta transportadora posterior ao limpiacantos o taboleiro posicionábase contra un tope mecánico igual ao utilizado no canto dianteiro. Con este método conseguíase un posicionamento adecuado pero perdíase demasiado tempo en esta manobra polo que se decide realizar o posicionamento de forma dinámica e sen realizar unha inversión de xiro mediante un dispositivo encoder que controle a posición da cinta transportadora. Este método é o utilizado actualmente pero xenera problemas no perfilado xa que se producen deslizamentos e desalineacións entre a cinta transportadora e o taboleiro, provocando medicións erróneas.
Para resolver este problema o que se pretende é buscar e instalar un sistema de medición dinámico que controle a posición do propio taboleiro e desta forma acadar unha maior precisión entre a medición teórica e a real da posición do taboleiro e reducir os tempos de posicionamento.
Volver