Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dun sistema de adquisición de datos para a determinación da posición e orientación de aeroplanos radiocontrol de acrobacia

Desenvolvemento dun sistema de adquisición de datos para a determinación da posición e orientación de aeroplanos radiocontrol de acrobacia

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Fariña Rodríguez
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Vogalía: Enrique Soto Campos
Vogalía: Jorge Marcos Acevedo
Vogalía: Manuel Pérez Donsión
Secretaría: Xosé Manuel López Fernández
ResumoDentro do mundo do aeromodelismo, unha das disciplinas máis practicadas no planeta e a coñecida como voo de acrobacia ou F3A, denominación que da a Federación Aeronáutica Internacional (FAI) a esta modalidade.
Esta disciplina do aeromodelismo radiocontrol consiste en que un modelo de aeroplano de tamano reducido realice unha serie de maniobras ou figuras no aire comandadas por un piloto mediante unha emisora radiocontrol.
En competición, estas maniobras son puntuadas por unha mesa de xuíces de forma subxectiva en función da perfección e suavidade dos movementos que traza o avión.
A día de hoxe, nin os pilotos nin os xuíces dispoñen dun sistema que permita rexistrar datos de voo nin visualizar as traxectorias realizadas durante a competición detidamente, o cal implica que as puntuacións otorgadas polos xuíces teñan un certo caracters subxectivo e esten suxeitas a erro e discusión.
A principal motivación para a realización deste proxecto, consiste no desenvolvemento dunha ferramenta que permita aos participantes desta modalide visualizar e aprender sobre as traxectorias que realizan cos seus aeroplanos.
Outra posible aplicación máis avanzada para esta ferramenta sería o seu uso como elemento de axuda para os xuíces á hora de otorgar puntuacions durante competición.
Os aeroplanos que se empregan nesta modalidade teñen un tamaño duns 2 metros de largo e alcanzan velocidades de hasta 150km/h. Os voos de competición teñen unha duración aproximada de entre 8 e 10 minutos.
Este proxecto consistirá no deseño, fabricación e programación dun sistema electrónico para a adquisición e tratamento de datos basado en microcontrolador que permita determinar a posición e a orientación dun aeroplano radiocontrol a partir dunha serie de sinales xeradas mediante diferentes sensores. Á sua vez existirá unha aplicación para ordenador que tratará ditos datos e permitirá a visualización das traxectorias e a representación de certas sinais temporales.
Volver