Estudo do comportamento do baleiro en función da calidade superficial do taboleiro.
Data de defensa | 17/09/2021 |
Titulación | Máster Universitario en Enxeñaría Industrial |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Jacobo Porteiro Fresco |
Tribunal |
Vogalía: Félix Quintero Martínez Secretaría: Elena Beatriz Martín Ortega Vogalía: José Antonio Pérez García Vogalía: José Manuel Santos Navarro Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez |
Resumo | O proxecto xurde na fábrica de padrón da empresa FINSA, ao final dunha das súas liñas de valor engadido, cando se apilan os taboleiros, úsanse tapas para protexer o lote, colocando unha tapa o principio e outra o final do apilado. Tales tapas normalmente son taboeiros desnudos de fibra de densidade media (MDF) ou de aglomerado que non chegaron á calidade suficiente durante a fabricación e destinanse como tapas. En Padrón só se fabrican taboleiros de fibra, polo tanto os taboleiros de aglomerado son enviados dende a fábrica de Santiago para ser utilizados en Padrón como tapas. O procedemento de apilamento desta liña faise de forma automática mediante un carro apilador que emprega ventosas e un xenerador de baleiro para soster o taboleiro. Debido a alta porosidade e baixa densidade dos taboleiros empregados para tapas, o proceso interrúmpese o fallar o agarre debido a que as condicións de baleiro xeradas non son as convintes para materiais tan permeables. A devandita permeabilidade tamén fai que se xere baleiro no taboleiro adxacente o primeiro, subindo 2 taboleiros e, consecuentemente, interrompendo a manobra, e tamén é necesario atopar unha solución a dito problema. Ante este problema, faise un estudo das condicións de baleiro segundo a calidade do taboleiro a tratar, tendo en conta parámetros como o caudal de fuga a través do taboleiro, a presión de baleiro xerada, a densidade das distintas zonas do taboleiro, perdas de carga no sistema de baleiro, etc. Co propósito de calcular as pérdidas de carga utilizase o software Matlab e é necesario medir todos os tubos, contar as válvulas e ter en conta tes e codos. Finalmente preténdese buscar unha relación entre as condiciones de traballo e os taboleiros a tratar e propoñer solucions a problemática e incluso melloras que podan supoñer un aforro enerxético, e polo tanto, económico. Fanse ensaios con cortes de taboleiros destinados a tapas, con unha única ventosa usada nun sistema de baleiro deseñado a escala do sistema instalado na liña P1, podendo obter valores de caudal de fuga no taboleiro en diferentes zonas e a presión de baleiro que se consegue xerar. Tentáronse algúns métodos para evitar levantar os dous primeiros taboleiros en vez de so o primeiro, como colocar a ventosa en áreas específicas do taboleiro ou soprar con aire comprimido entre os taboleiros. Tamén se fan esaios no laboratorio, como o de densidade para obter o perfil de densidade dos taboleiros nas zonas que se coñece o caudal de fuga, e ensaios de absorción que dan unha idea da porosidade do taboleiro. Con este proxecto preténse atopar as condicións de baleiro que mellor se axusten á ampla gama de taboleiros creados na FINSA, propoñer e realizar melloras que permitan evitar o máis posible fallos a hora de facer manobras con taboleiros usando baleiro, procurando que sexan o máis flexibles posibles co propósito de poder ser adaptadas en outras liñas das moitas fábricas que pertencen a FINSA que poidan ter problemas parecidos a os descritos neste proxecto. |