Secretaría Uvigo - Automatización da validación do firmware de quentadores de aire

Automatización da validación do firmware de quentadores de aire

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Antonio Fernández Álvarez
Tribunal Vogalía: Amador Rodríguez Diéguez
Presidencia: Celso Fernández Silva
Vogalía: José Ignacio Armesto Quiroga
Secretaría: Blanca Nieves Miranda Blanco
Vogalía: Andres Augusto Nogueiras Meléndez
ResumoA empresa BorgWarner Emissions Systems Spain S.L. está a desenvolver un novo produto para o seu catálogo, concretamente un novo quentador de aire para coches eléctricos. Actualmente o proceso de desenvolvemento atópase nunha fase de validación, na que se realizan ensaios que simulan as condicións reais de funcionamento do dispositivo co fin de validar o deseño do mesmo antes de comezar a producilo en serie.
O quentador de aire está formado por unha parte mecánica (núcleo) encargada de quentar fisicamente o aire e unha parte electrónica (PCB) encargada de controlar o funcionamento do dispositivo. Como elemento xerador de calor utilízanse termistores con coeficiente de temperatura positivo (PTC), que son pedras cerámicas sometidas a unha voltaxe de ata 800V distribuídas en 4 barras aleteadas (parte mecánica). O firmware instalado na PCB (parte electrónica) encárgase de, mediante as lecturas dos sensores de temperatura, corrente e voltaxe, tomar decisións sobre a potencia calorífica que se pode xerar e informar do estado no que se atopa o quentador.
Mediante o presente proxecto preténdese desenvolver unha ferramenta de sofware capaz de importar os datos de ensaio do quentador (lecturas dos seus sensores e variables internas do firmware) para comprobar que o quentador se comporta de acordo á especificación do firmware, así como facer un diagnóstico do quentador no que se indiquen os estados polos que pasou ao longo do ensaio e o rendemento mostrado durante o mesmo. Ademais, a ferramenta deberá dispoñer dunha interfaz gráfica de usuario que permita un manexo sinxelo por parte do usuario.
Volver