Secretaría Uvigo - Definición do modelo de negocio para sistema de impresión 3D: implantación dunha unidade produtiva en empresa e dun servizo in-house en contornas hospitalarias.

Definición do modelo de negocio para sistema de impresión 3D: implantación dunha unidade produtiva en empresa e dun servizo in-house en contornas hospitalarias.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Ana María Mejías Sacaluga
Tribunal Vogalía: José Luís Fernández Fernández
Vogalía: Alejandro Pereira Domínguez
Vogalía: Begoña Urgal González
Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Secretaría: Rafael Comesaña Piñeiro
ResumoO paradigma da planificación cirúrxica en medicina está experimentando unha transformación incipiente motivada polo desenrolo e consolidación de solucións software e de fabricación aditiva. A impresión 3D leva abríndose camiño no sector médico desde 1999, cando implántanse en humanos os primeiros órganos modificados por medio de implantes arteriais impresos en 3D. Na actualidade, esta tecnoloxía de fabricación empléase para a produción de modelos anatómicos, guías cirúrxicas, implantes, próteses e distintos tipos de células dentro do marco da bioimpresión. O interés na xeración destas aplicacións reside nas vantaxes técnicas, económicas e médicas que aportan: redución da porcentaxe de erro e de complicacións en cirurxías, mellora da eficiencia do procedemento cirúrxico, redución do tempo de operación e por tanto tamén dos custos e posibilidade de ensaiar cirurxías así como a mellora da calidade na atención ao paciente. Con todo, a súa integración nun fluxo de traballo completo en contornas hospitalarias non constitúe unha realidade porque require a formación e coordinación de equipos de traballo multidisciplinarios.
Por tanto, co presente proxecto, preténdese por unha parte, definir unha unidade produtiva de impresión 3D en empresa de forma estandarizada e orientada á fabricación de modelos anatómicos e guías cirúrxicas para o ámbito sanitario que permita a súa posta en marcha e por outra parte, definir unha proposta de modelo de negocio para a implantación de dita unidade produtiva en centros hospitalarios. Para iso, lévase a cabo un estudo do estado da arte analizando os principais tipos de impresión 3D, os equipos, a impresión 3D por estereolitografía (SLA) e o concepto de impresión 3D no point-of-care (POC) ou no lugar de asistencia médica. Con relación a este último concepto recompílanse as experiencias piloto existentes, estúdanse as aplicacións tecnolóxicas desenroladas actualmente nos POC e realízase unha análise dos distintos actores neste mercado. A continuación detállanse as fases do proceso produtivo e por último, defínese o modelo de negocio que aglutina a información necesaria para a constitución e a posta en marcha dunha unidade de impresión 3D nun POC.
Volver