Secretaría Uvigo - Proxecto de mellora continua mediante a implantación da filosofía Kaizen e ferramentas Lean nunha empresa do sector da automoción.

Proxecto de mellora continua mediante a implantación da filosofía Kaizen e ferramentas Lean nunha empresa do sector da automoción.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Doiro Sancho
Tribunal Vogalía: José Luís Fernández Fernández
Vogalía: Alejandro Pereira Domínguez
Vogalía: Begoña Urgal González
Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Secretaría: Rafael Comesaña Piñeiro
ResumoO presente proxecto céntrase na implantación do método Kaizen, en concreto os niveis 1, 2 e 3, nunha empresa do sector da automoción. Nel, analizarase a situación actual da planta nunha das áreas produtivas da empresa. A partir do establecemento dun diagnóstico realizaranse propostas de mellora utilizando diferentes elementos da cultura Lean (metodoloxía 5S, estandarización, TPM, xestión visual,...). Ademais, coa finalidade de inculcar a filosofía Lean nos operarios, deseñarase e implementarase un plan de formación. Rexistraranse os resultados obtidos no plan mencionado e avaliaranse as melloras obtidas implantadas nas liñas de estudio mediante a realización de auditorías.
O esforzo de estandarización concentrarase nas liñas menos desenvoltas e con maior falta de recursos. Nas áreas mencionadas, realizarase un estudio de métodos combinado coa metodoloxía 5S para mellorar a organización, orde e limpeza, reducir riscos de accidentes e mellorar a calidade do produto. Para asegurar o mantemento dos estándares do posto, crearanse soportes visuais en planta. Ademais, para completar a estandarización, desenvolveranse os estándares xerais de traballo, gamas de suboperación, gamas de cambio de referencia (setup) e gamas de inicio e fin de torno na área de estudio.

Palabras crave: Kaizen, Lean Manufacturing, Standard Work, 5S.
Volver