Secretaría Uvigo - Deseño e fabricación dun prototipo de instrumental cirúrxico para traumatoloxía veterinaria.

Deseño e fabricación dun prototipo de instrumental cirúrxico para traumatoloxía veterinaria.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julia Asunción Serra Rodríguez
Tribunal Vogalía: Félix Quintero Martínez
Secretaría: Elena Beatriz Martín Ortega
Vogalía: José Antonio Pérez García
Vogalía: José Manuel Santos Navarro
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
ResumoA traumatoloxía é a especialidade da medicina que estuda as lesións e enfermidades do aparato locomotor e os seus tratamentos. Dentro desta rama atópase a ortopedia. En concreto, a ortopedia veterinaria dedícase a corrixir ou evitar as deformidades ou as lesións do sistema músculo-esquelético dos animais por medio de exercicios de fisioterapia, sistemas de corrección externos ou cirurxías.
A unión cirúrxica dos fragmentos dun óso mediante un elemento de fixación denomínase osteosíntesis. Ditos elementos teñen a función de xerar unha estabilidade ósea suficiente e duradeira, que permita restablecer a función da extremidade o máis rápido posible. En moitas ocasións, as características da superficie ósea requiren que as placas de osteosíntesis se poidan deformar para axustalas correctamente á xeometría da zona de fixación. É aquí onde cobra importancia o instrumental de doblado e corte de placas.
Aínda que no mercado existe instrumental para este fin, a mellora do mesmo é unha área aberta e especialmente sensible cando cada vez máis se buscan intervencións adaptadas a cada caso clínico en particular. Dentro deste marco, o presente traballo de investigación céntrase no deseño e fabricación de instrumental cirúrxico para o dobrado e corte de placas de osteosíntesis en traumatoloxía veterinaria. O desenvolvemento do mesmo divídese en tres fases. (1) Caracterización do instrumental existente no mercado atendendo a diferentes aspectos coma: ergonomía, movementos e forzas admisibles pola man e o conxunto man-brazo, as características físicas dos implantes cos que se vai a traballar, as súas dimensións e os materiais que os compoñen ou a complexidade e custos de fabricación. (2) A partires dos datos obtidos na fase anterior procedederemos a deseñar e fabricar un primeiro prototipo. (3) Análise e validación segundo as normas demandadas ata obter un prototipo final.
Volver