Secretaría Uvigo - Análise e proposta de solucións tecnolóxicas para a adaptación á industria 4.0 dunha empresa adicada á fabricación de chemineas modulares

Análise e proposta de solucións tecnolóxicas para a adaptación á industria 4.0 dunha empresa adicada á fabricación de chemineas modulares

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jose Carlos Prado Prado
Tribunal Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Vogalía: José Luís Fernández Fernández
Vogalía: Alejandro Pereira Domínguez
Vogalía: Begoña Urgal González
Secretaría: Rafael Comesaña Piñeiro
ResumoEste TFM xorde como resultado da miña incorporación a unha empresa adicada á fabricación, distribución e instalación de chemineas modulais. Despois do estudo das necesidades e dos obxetivos a curto e longo prazo da empresa, atopáronse o diagnóstico estruturado e a proposta de liñas de acción no marco dixital e outras solucións da industria 4.0. Estar adaptado ás solucións que ofrece a tecnoloxía e ter un procedemento de adaptación ao entorno áxil pode resultar en moitos casos unha vantaxe competitiva diferencial. Por iso a realización deste TFM ten unha natureza intrínseca.
O obxetivo do mesmo será na última instancia a proposta de solucións adaptadas ao entorno actual da industria 4.0 e a conectividade na empresa que supoña o aumento da competitividade empresarial ao longo de toda a cadena de suministro aplicando distintos coñecementos e tecnoloxías adquiridos no Mestrado de Enxeñaría Industrial.
Para acadar ditos obxetivos, este TFM estructurouse en 4 diferentes capítulos despois da descrición da empresa, que serán o compoñente principal do proxecto.
Unha primeira fase inicial ou preliminar no que se estudan os distintos aspectos clave para a correcta execución de proxecto. É dicir, aliñarase o tempo dispoñible coas expectaticas esperadas pola empresa xunto cos recursos operativos.
Dada a dificultade do proxecto, será moi relevante o estudo da situación actual da empresa, tanto interno como externo. É por iso, que se realizará unha segunda fase de diagnóstico co resultado de coñecer a situación actual da empresa en todos os departamentos para a determinación das potenciais áreas de mellora de maneira precisa.
A terceira fase será a de execución do plan de actuación e transformación onde unha vez definido o problema e en consonancia cos obxetivos empresariais desenvolveranse unha serie de oportunidades que se priorizadas cos xefes dos departamentos tendo en conta diferentos criterios para posteriomente executar as accións elexidas.
Por último, para que o plan de integración sexa de éxito, será necesaria unha última fase de seguemento, é decir, estableceranse diferentes fitos e indicadores que se analizarán de maneira periódica para poder establecer accións correctivas que sexan de utilidade.
Volver