Secretaría Uvigo - Reducción do tempo de cambio de utillaje mediante metodología SMED

Reducción do tempo de cambio de utillaje mediante metodología SMED

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Vogalía: José Luís Fernández Fernández
Vogalía: Alejandro Pereira Domínguez
Vogalía: Begoña Urgal González
Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Secretaría: Rafael Comesaña Piñeiro
ResumoImplementarase a metodoloxía SMED (Single Minute Exchange of Die) en dúas liñas FMS da planta de produción da empresa BorgWarner Emissions Systems Spain S.L, en Zamáns, Vigo. Co fin de reducir o tempo entre os cambios da referencia. Deste xeito, gañarase flexibilidade no proceso productivo, permitindo facer máis cambios de referencia, aumentando a dispoñibilidade da instalación, reducindo o tamaño do lote e o stock do produto final e, en consecuencia, reducindo as necesidades operativas da liña en cuestión.
Na primeira das liñas fabrícanse tres referencias de coolers e na segunda ensámblanse, dous dos coolers anteriores, no módulo EGR final (o outro cooler fabricado montase noutra liña de módulo).
O proxecto constará de cinco fases. A fase inicial consistirá en filmar o cambio, coa idea de familiarizarse e comprender o proceso, comprender os tipos de cambios que se realizan e a frecuencia con que se producen, coñecer as anomalías máis comúns e coñecer o equipo implicado.
A segunda fase consistirá na realización dun estudo da rodaxe realizada na primeira etapa. As operacións realizadas polos operariostranscribiranse nunha táboa de datos e cada operación identificarase como Externa, operacións que poden realizarse fóra do intercambio, ou como operacións Internas, que se deben realizar durante o transcurso do intercambio. Todas as operacións que non engadan valor ao proceso identificaranse como ?Mudas? como fin de reducilas ou eliminalas en etapas posteriores. Por último, nesta etapa, estudarase os movementos, do operario grabado, mediante diagramas de espaguetes para analizar visualmente todos os movementos que se realizan durante o proceso.
A terceira fase consistirá en transformar as operacións internas en externas. A viabilidade económica da devandita transformación será analizada e estudada en función do tempo gañado no cambio.
A cuarta fase consistirá na optimización das operacións internas. Proporanse solucións na lóxica do cambio de referncia, realizando operacións en paralelo, así como na mellora das conexións rápidas e traballarase no estándar de cambio.
A quinta fase consistirá en optimizar as operacións externas e optimizar o tempo necesario para levalas a cabo.
Finalmente, establecerase o estándar final e todos os operarios implicados no cambio serán formados e adestrados para mellorar as súas habilidades no cambio.
Volver