Secretaría Uvigo - Aproveitamento e sustentabilidade económica do monte galego

Aproveitamento e sustentabilidade económica do monte galego

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María Carmen Padín Fabeiro
Tribunal Titoría: María Carmen Padín Fabeiro
ResumoO monte foi dende sempre un elemento clave na sociedade galega, tanto dende o plano económico como paisaxístico. Durante moitos séculos, cunha Galicia case na súa totalidade dedicada á agricultura, servía como método de subsistencia da que se obtiñan múltiples recursos (alimento, material de construción, terreo cultivable, etc.).

Dende o primeiro terzo de século comezaron a producirse unha serie de fenómenos relacionados entre si que cambiaron a sociedade galega (guerra, emigración, éxodo rural, industrialización, etc.) e como consecuencia, o seu monte. Deixou de forma progresiva o seu carácter meramente de subsistencia para encamiñarse cara un aproveitamento centrado na súa capacidade produtiva e económica, principalmente enfocado na explotación forestal e madeireira.

Estudiaremos así cales foron os cambios que se produciron no noso monte dende varios prismas como poden ser a súa propiedade, aproveitamentos ou especies forestais. Centrarémonos no sector da silvicultura e aproveitamento madeireiro, e a súa importancia dentro da economía galega.

Por último faremos unha exposición dos principais problemas e disxuntivas coas que ten que facer fronte o monte galego e presentaremos algunhas experiencias prácticas que se están a levar a cabo; que destacan pola diversificación do seu aproveitamento e que axudan a combater os citados problemas.

Monte - Economía - Sustentabilidade
Volver