Secretaría Uvigo - Claves para a comunicación intercultural e publicidade:impacto do factor cultural na internacionalización dun produto

Claves para a comunicación intercultural e publicidade:impacto do factor cultural na internacionalización dun produto

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: Marta García De la Puerta
Tribunal Titoría: Marta García De la Puerta
ResumoEste traballo baséase na análise das estratexias de internacionalización empregadas polo rei dos restaurantes de comida rápida McDonald's e a famosa serie de televisión americana "The Simpsons" para adaptarse aos mercados da India e dos Emiratos Árabes Unidos, respectivamente.

Para iso analizaremos, sobre todo, o factor cultural á hora de adaptarse a un novo mercado, xa que este foi o máis importante nas estratexias de ambas as empresas.

Falaremos de estandarización, adaptación e glocalización e das razóns polas que estas empresas optaron pola glocalización e mais a adaptación.

Tamén comprobaremos a importancia da conciencia cultural na empresa á hora de internacionalizar un produto e como a relixión marca dun xeito moi importante os comportamentos e costumes dos países que imos analizar (Emiratos Árabes Unidos e India) debido a restricións que establece nos seus habitantes.

Finalmente intentaremos comprender a razón do éxito da estratexia de McDonald?s e o fracaso da de "The Simpsons".

Palabras clave: glocalización, conciencia cultural, internacionalización e relixión
Volver