Secretaría Uvigo - Estudo das características do almorzo dos adolescentes e a súa relación co sexo e índice de masa corporal.

Estudo das características do almorzo dos adolescentes e a súa relación co sexo e índice de masa corporal.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Nutrición
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Federico Mallo Ferrer
Cotitoría: Manuel Penin Alvarez
Tribunal Presidencia: Federico Mallo Ferrer
Secretaría: Lucas Carmelo González Matías
Vogalía: Carlos Spuch Calvar
ResumoIntrodución: comprobouse que a infancia e a adolescencia son os momentos nos
que o almorzo é máis frecuentemente descoidado en comparación con outras
comidas. Numerosos estudos correlacionan saltar o almorzo cun aumento do IMC
en mozos. Para evitar o desenvolvemento da obesidade, débense coñecer os
factores que determinan os hábitos alimentarios dos adolescentes.

Obxetivos: coñecer a porcentaxe de mozos na nosa contorna de entre 12 e 20
anos que non almorzan; analizar a calidade do almorzo e determinar se hai
diferenzas segundo o sexo. Así mesmo, preténdese comprobar se hai diferenzas
no IMC segundo o sexo e segundo almorce ou non, ademais de establecer se ver
ou non unha pantalla mentres almorza inflúe na súa calidade.

Método: un estudo observacional, transversal, cun compoñente descritivo e analítico, baseado nun cuestionario con preguntas pechadas sobre os hábitos
alimentarios dos adolescentes no almorzo.

Resultados: o 12% dos estudantes non almorzou o día que completaron o
cuestionario, mentres que o 88% sí o fixeron. Só o 4% dos estudantes enquisados
consome un almorzo de boa calidade. Os adolescentes homes deste estudo
almorzaron con máis frecuencia que as mulleres. O IMC dos estudantes varóns foi
de 21 ± 3,9 kg/m2, e o das mulleres foi de 22,2 ± 3,14 kg/m2. p = 0,20. O IMC dos estudantes que almorzaron foi de 21,9 ± 3,5 kg/m2 e o dos estudantes que non almorzaron foi de 22,2 ± 2,9 kg/m2. p = 0,76. Entre os adolescentes que nunca ven unha pantalla, a calidade do almorzo é boa ou pode mellorarse en 14 casos (40% do total), e en 42 casos (29,2%) entre os estudantes que a ven nalgún momento. p = 0,21.

Conclusión: a porcentaxe de mozos da nosa contorna que almorza é do 88%, cifras superiores ás publicadas noutros ámbitos. A calidade do almorzo dos mozos
da nosa contorna é boa nunha pequena porcentaxe de casos. O almorzo é máis
común entre os estudantes masculinos que as estudantes femininas. Non se
atoparon diferenzas significativas no IMC segundo o sexo ou segundo se fixera ou
non o almorzo, do mesmo xeito que non se atoparon diferenzas significativas na
calidade do almorzo segundo se faga ou non vendo unha pantalla.

Palabras clave: calidade do almorzo, adolescentes, IMC, pantalla.
Volver