Secretaría Uvigo - Redeseño de máquina de prototipado rápido 3D-Dimension

Redeseño de máquina de prototipado rápido 3D-Dimension

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Alejandro Pereira Domínguez
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Secretaría: José Enrique Ares Gómez
Vogalía: José Luís Diéguez Quintas
ResumoO proxecto de fin de carreira en cuestión trata sobre o redeseño dunha impresora 3D BST Dimension, isto é:
A partir dunha impresora 3D antiga porporcionada por un fabricante, realizar un traballo de desmantelaxe, dixitalización, análisis de viabilidade de compoñentes, e o redeseño dixital e físico así como a fabricación dos compoñentes necesarios.
Por unha parte, realízase un traballo de desacople das carcasas e elementos auxiliares para visualizar os elementos que integran a máquina, e así posteriormente medir e modelar en sofware 3D os compoñentes tanto estructurais e auxiliares como os sistemas encargados da fabricación en 3D.
Por outra parte, partindo do modelo mecánico previamente dixitalizado, elabórase unha proposta de redeseño en concordancia coas limitacións físicas e materialízase mediante a adquisición de novos compoñentes, a fabricación de elementos auxiliares e a adaptación das pezas ás novas necesidades en tanto en cuanto sexa necesario.
En resumo, este redeseño lévase a cabo por medio da readaptación da carcasa do sistema de arrastre, a fabricación dos elementos de suxeción auxiliares que permiten ó novo extrusor funcionar en condicións nominais e a traslación do apoyo das bobinas de filamento.
Volver