Deseño de instalación de calefacción e AQS en vivenda unifamiliar reformada con enerxías renovables.
Data de defensa | 17/09/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Mecánica |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Fernando Cerdeira Pérez |
Tribunal |
Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte Secretaría: José Enrique Ares Gómez Vogalía: José Luís Diéguez Quintas |
Resumo | Historicamente o ser humán sempre intentou mellorar o seu benestar e a súa calidade de vida. Un dos puntos importantes desta condición é a temperatura á que están os nosas fogares, por iso os métodos de calefacción levan sendo dende anos atrás un punto de innovación e mellora. Produto disto e da conciencia social polo cambio climático e o medio ambiente, o uso de enerxías renovables aumentou considerablemente. Polo tanto, no presente Traballo de Fin de Grao, levase a cabo o deseño dunha instalación xeotérmica para unha vivenda unifamiliar reformada de dous pisos, intentando producir calefacción e auga quente sanitaria (AQS) cun baixo custo e dunha maneira máis respetuosa co entorno. Para elo, realizase primeiramente un estudo das cargas térmicas da vivenda utilizando o software CYPE Therm Loads, importando a este os planos realizados en AutoCad. A continuación, realízase o dimensionado da bomba e calcúlase o número de pozos e todos os parámetros necesarios para a instalación do só radiante. Por último, inclúese o Priego de Condicións para asegurar unha correcta execución do traballo e un presuposto da instalación. |