Secretaría Uvigo - Deseño e modelado dun sistema para realizar test a alta temperatura nunha máquina de ensaios dinámicos.

Deseño e modelado dun sistema para realizar test a alta temperatura nunha máquina de ensaios dinámicos.

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Rafael Comesaña Piñeiro
Cotitoría: Erik Calvo García
Tribunal Secretaría: Luís Miguel Caride Tesouro
Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz
Vogalía: Jacobo González Baldonedo
ResumoO proxecto consiste no deseño, modelado, verificación e posterior fabricación dun sistema de acoplamento do forno tubular VST 12-300 nunha máquina de ensaio a fatiga, para o uso dunha probeta normalizada de sección circular.
O conxunto a deseñar e modelar consta do soporte do forno , do sistema mecánico de suxeición da probeta e dos anclaxes refrixerados da misma.
O primeiro realízase empregando perfís normalizados de tipo ITEM e escuadras para asegurar a rixidez e resistencia do soporte. Estas cualidades compróbanse en SolidWorks para obter os valores exactos das tensións experimentais e, unha vez verificada a estabilidade xeral, procédese a fabricar e montar.
O sistema de suxeición da probeta e os anclaxes refrixerados deséñase e simúlanse en SolidWorks, tomando como referencia diferentes solucións que se atopan dispoñíbeis no mercado. O sistema de suxeición consta das pezas de anclaxe da probeta ás barras de aplicación da carga, das propias barras de aplicación da carga, e dos platillos de reflexión de radiación do forno para conter a calor no interior.
Unha vez comprobada a resistencia xeral na simulación, procédese unha vez máis á fabricación e montaxe final para comezar cos ensaios do material.
Volver