Secretaría Uvigo - ?Estudo e analise do aumento de temperatura do aire primario para a combustión de biomasa nunha caldeira de aceite térmico?

?Estudo e analise do aumento de temperatura do aire primario para a combustión de biomasa nunha caldeira de aceite térmico?

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Estrella Álvarez da Costa
Titoría: Fernando Cerdeira Pérez
Tribunal Secretaría: José Manuel Canosa Saa
Vogalía: Andrés Moure Varela
Presidencia: Marta María Pazos Currás
ResumoUnha fábrica de aglomerado e MDF está composta por dúas caldeiras principais de aceite térmico. Este traballo tratará sobre o estudo e mellora da combustión na caldeira SUGIMAT II, con 22 anos de antigüidade, mediante o aumento da temperatura do aire primario. Esta mellora débese ao baixo rendemento debido á alta cantidade de humidade na biomasa, que se usa como combustible, xa que se almacena ao aire libre. O combustible está composto principalmente pola cortiza e a propia biomasa, así como por outros materiais como os restos doutros procesos da propia fábrica. O aire primario usado para a combustión, ao estar a temperatura ambiente, ten pouca enerxía, polo que leva moito tempo secar a biomasa no fogar da caldeira, retrasando o proceso e incluso non levándose a cabo. Optouse por prequentar o aire primario a unha temperatura suficientemente alta para garantir a rápida extracción de humidade e poder realizar a combustión correctamente, obtendo así un mellor rendemento que inflúe directamente na menor achega de biomasa, aforrando custos e ser moito máis eficiente. Os parámetros necesarios para o cálculo do devandito proxecto serán feitos de xeito experimental e analítico así como coa información proporcionada pola propiedade. O prequentamento farase a través dun intercambiador, a través da propia caldeira ou a través doutros procesos próximos que non están aproveitando a calor producida.
Volver