Secretaría Uvigo - Avaliación e deseño dun proceso de produción de éter dimetílico (DME) por vía indirecta

Avaliación e deseño dun proceso de produción de éter dimetílico (DME) por vía indirecta

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: María Ángeles Sanroman Braga
Titoría: Emilio Rosales Villanueva
Tribunal Secretaría: José Manuel Canosa Saa
Vogalía: Andrés Moure Varela
Presidencia: Marta María Pazos Currás
ResumoO dimetil éter (DME) é un gas non tóxico e limpo medioambientalmente. As súas principais aplicacións son moi diversas, entre elas destacan: o seu uso como combustible substituto dos GLP (Gas Licuado de Petróleo), como combustible para os vehículos diésel, como propulsor de aerosois, como combustible para a obtención doutros carburantes, como fonte de H2 ou como refrixerante; de aquí o seu gran interese e relevancia. Nos últimos anos a súa demanda foise incrementando, e consecuentemente, a súa produción experimentou un gran crecemento en países como China, Xapón ou Corea. O DME pode obterse por vía directa a raíz do gas de síntese (nunha sola etapa) ou por vía indirecta a partir de metanol (en dúas etapas). Nos últimos anos o emprego de solucións informáticas para a simulación de procesos industriais constitúe unha das ferramentas principais á hora de avaliar e deseñar unha planta industrial, pois permite a posibilidade de simular e reproducir un proceso semellante ao real facilitando o seu escalado.
Neste Traballo Fin de Grao (TFG) estudarase a produción do DME dentro do reactor xunto coa avaliación de diversos parámetros que afectan ao proceso (temperatura, fluxo molar, volume). Posteriormente realizarase a optimización deste coa axuda de programas informáticos e unha vez obtido o produto procederase á súa purificación mediante o uso de columnas de destilación, contemplando a posibilidade de efectuar a recirculación do/dos reactivos. En base a todo o anterior proporase o deseño dunha planta para a producción de DME.
Volver