Secretaría Uvigo - Avaliación e deseño dunha instalación industrial modular de adsorción para o tratamento de efluentes.

Avaliación e deseño dunha instalación industrial modular de adsorción para o tratamento de efluentes.

Data de defensa14/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Ángeles Sanroman Braga
Cotitoría: Marta María Pazos Currás
Tribunal Secretaría: Ramón Nóvoa Rodríguez
Presidencia: Gloria Fiestras Janeiro
Vogalía: José Manuel Cruz Freire
ResumoO crecemento e desenvolvemento dunha economía e sociedade altamente industrializada, favorece a contaminación dos nosos recursos hídricos. Esta contaminación enténdese como a variación dos compostos presentes nos diferentes afluentes de auga, afectando á calidade da mesma, e a consecuente degradación dos ecosistemas acuáticos Parte importante destes compostos son os denominados contaminantes emerxentes. Estes son, contaminantes de diferente natureza química, anteriormente descoñecidos, ou cuxa presenza no medio ambiente xera incertezas en canto os efectos que poidan ter sobre o medio, como sobre a saúde humana.
Os contaminantes emerxentes engloban unha gran variedade de produtos farmacolóxicos, de hixiene e coidado persoal, aditivos industrias, pesticidas.... Que teñan unha procedencia tan variada, así como a falla de información con respecto a súa presenza no medio e os seus efectos, fai que sexan difíciles de regular e tratar apropiadamente. Na actualidade, a maior parte das instalación parar o tratado de augas residuais (EDAR), tanto de procedencia urbana como industrial, non dispoñen de técnicas o suficientemente efectivas para a eliminación destes contaminantes.
Este Traballo de Fin de Grao (TFG), pretende abordar técnicas para remediar a presencia dun fármaco como a Prednisolona (C21H28O5) presente nas augas resduales. A prednisolona é un corticoide de síntese con efecto antiinflamatorio e inmunodepresor. Para eliminalo do medio acuático, neste TFG proponse a utilización do proceso de adsorción, que consiste na retención nun sólido poroso (adsorbente) dun composto en disolución (adsorbato). Neste caso empregarase biochar procedente do tratamento termal de plantas invasoras como adsorbente, polo seu baixo coste e alta eficiencia. Faranse varios ensaios de adsorción, para poder caracterizar o proceso, acorde cos diferentes modelos matemáticos, que logo serán aplicables no deseño dun proceso a escala real.
Unha vez completado o proceso de adsorción, estudiarase a rexeneración do adsorbente. Para iso proponse degradar a Prednisolona a través dun proceso de oxidación avanzada. Isto permitirá non solo reutilizar o biochar, si non que eliminará calquera residuo farmacolóxico que fora retido.
O obxecto último deste TFG será a aplicación dos datos experimentais obtidos, no deseño e simulación dun sistema de adsorción en continuo a escala industrial. Para a simulación utilizarase un software específico FAST2.1., que permitiranos coñecer varios parámetros como o punto de saturación do biochar. Estes datos serán empregados para o deseño dunha instalación industrial modular, de alta eficiencia.
Volver