Secretaría Uvigo - Proxecto Lean nunha empresa do sector de transformación da madeira

Proxecto Lean nunha empresa do sector de transformación da madeira

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Presidencia: Jesús García Arca
Vogalía: Gema Álvarez Llorente
Secretaría: Iván González Boubeta
ResumoEste Traballo Fin de Grao vaise desenvolver durante a estancia nunha empresa pertencente ao sector de transformación da madeira. Mediante este Proxecto Lean preténdese mellorar moitos dos aspectos da liña de acabado, prestando especial atención á sección de lixado.

En primeiro lugar, búscase lograr a estandarización de procesos dentro da sección anteriormente mencionada e posteriormente deseñar un modelo de observación da tarefa (?Job Observation?) para poder facer un seguimento sobre os estándares xa creados. Desta forma poderanse detectar posibles puntos de mellora e coñecer se a forma na que se está traballando axústase ao establecido e, de non selo, saber o motivo polo que non se está seguindo a pauta de traballo recomendada. Paralelamente, vanse ir detectando no día a día actividades de non valor engadido, polo que se estará buscando continuamente a ?mellor forma de facelo?, podendo reflectilo así no propio estándar.

Ademais, perséguese poder implantar a ?matriz ILUO? para poder analizar de maneira máis exhaustiva o nivel de coñecemento que posúe o persoal dentro deste posto de traballo e así poder determinar globalmente o nivel de polivalencia que posúen as persoas.

Para poder ser conscientes das anomalías que se producen no proceso de lixado vaise traballar na creación dunha Lista de Puntos de Control (?Autocontrol?) que facilitará a posterior auditoría e permitirá saber onde hai que focalizar a atención. Tamén se vai a analizar como mellorar a contorna de traballo, para que este sexa o máis limpo e ordenado posible, a través dunha campaña de 5S.

Unha vez se avanzou nesta primeira fase e se teña unha base sólida da que poder partir, vaise empregar a técnica de SMED na operación de cambio de lixas, para conseguir unha redución de tempos, así como un mellor resultado global.

Vaise propoñer e deseñar unha ferramenta de ?Sustentabilidade? que permita auditar todas as melloras xa implantadas, para poder soster o sistema e evitar que decaia co paso do tempo.


En segundo lugar, vaise proseguir coa nova versión de auditoría interna de orde e limpeza en todas as seccións de fábrica, para sentar as bases dunha dinámica moito máis colaborativa, visual e práctica.


Por último, outro dos puntos principais nos que se vai a centrar este proxecto é o de nivelación de procesos (? Heijunka?) para unha produción determinada que afecta tanto á liña de acabado, como aos anteriores procesos produtivos , pertencentes á denominada ?Liña de MDF?.
Volver